Competition in this pair is now closed. Discussion and feedback about the competition in this language pair may now be provided by visiting the "Discussion & feedback" page for this pair. Entries may also be individually discussed by clicking the "Discuss" link next to any listed entry. Source text in English Who cast that first fateful tomato that started the La Tomatina revolution? The reality is no one knows. Maybe it was an anti-Franco rebellion, or a carnival that got out of hand. According to the most popular version of the story, during the 1945 festival of Los Gigantes (a giant paper mâché puppet parade), locals were looking to stage a brawl to get some attention. They happened upon a vegetable cart nearby and started hurling ripe tomatoes. Innocent onlookers got involved until the scene escalated into a massive melee of flying fruit. The instigators had to repay the tomato vendors, but that didn't stop the recurrence of more tomato fights—and the birth of a new tradition.
Fearful of an unruly escalation, authorities enacted, relaxed, and then reinstated a series of bans in the 1950s. In 1951, locals who defied the law were imprisoned until public outcry called for their release. The most famous effrontery to the tomato bans happened in 1957 when proponents held a mock tomato funeral complete with a coffin and procession. After 1957, the local government decided to roll with the punches, set a few rules in place, and embraced the wacky tradition.
Though the tomatoes take center stage, a week of festivities lead up to the final showdown. It's a celebration of Buñol's patron saints, the Virgin Mary and St. Louis Bertrand, with street parades, music, and fireworks in joyous Spanish fashion. To build up your strength for the impending brawl, an epic paella is served on the eve of the battle, showcasing an iconic Valencian dish of rice, seafood, saffron, and olive oil.
Today, this unfettered festival has some measure of order. Organizers have gone so far as to cultivate a special variety of unpalatable tomatoes just for the annual event. Festivities kick off around 10 a.m. when participants race to grab a ham fixed atop a greasy pole. Onlookers hose the scramblers with water while singing and dancing in the streets. When the church bell strikes noon, trucks packed with tomatoes roll into town, while chants of "To-ma-te, to-ma-te!" reach a crescendo.
Then, with the firing of a water cannon, the main event begins. That's the green light for crushing and launching tomatoes in all-out attacks against fellow participants. Long distance tomato lobbers, point-blank assassins, and medium range hook shots. Whatever your technique, by the time it's over, you will look (and feel) quite different. Nearly an hour later, tomato-soaked bombers are left to play in a sea of squishy street salsa with little left resembling a tomato to be found. A second cannon shot signals the end of the battle. | Winning entries could not be determined in this language pair.There were 6 entries submitted in this pair during the submission phase. Not enough votes were submitted by peers for a winning entry to be determined.
Competition in this pair is now closed. | Quen lanzou o primeiro tomate transcendental que comezou a revolución da Tomatina? Non o sabe ninguén, en verdade. Se callar era unha revolución antifranquista ou un entroido que se lle foi das mans a alguén. Segundo a versión máis popular da historia, durante o festival de 1945 de Los Gigantes (un desfile de bonecos xigantes de papel maché) os veciños querían montar unha liorta para chamar a atención. Toparon un carro de vexetais moi preto e comezaron a guindarse tomates chegados. As testemuñas inocentes participaron até que a escena pasou a ser unha liorta de froitas voadoras. Os instigadores tiveron de compensar aos vendedores de tomates, mais iso non puxo fin ás rifas tomateiras (e ao nacemento dunha nova tradición). Temerosas dunha intensificación da rebeldía, as autoridades sancionárono, despois se tranquilizaron e máis tarde reinstauraron unha serie de prohibicións na década de 1950. En 1951, os veciños que desafiaron a lei foron encarcerados até que o clamor popular reclamou a súa liberación. O enfrontamento máis famoso en contra das prohibicións tomateiras sucedeu en 1957, cando os partidarios organizaron un funeral do tomate para se mofar, que incluso contou cun cadaleito e unha procesión. Despois de 1957, o goberno local decidiu coller o touro polos cornos, estabelecer unhas poucas normas e aceptar a tradición disparatada. Aínda que os tomates son os protagonistas, unha semana de festividades preceden á hora da verdade. É unha festa dos patróns de Bunyol, a Virxe María e san Luis Bertrán, con pasarrúas, música e fogos de artificio seguindo a moda alegre española. Para se fortalecer perante a inminente liorta, sérvese unha paella na véspera da batalla na que se presenta un prato icónico valenciano que leva arroz, marisco, sasafrán e aceite de oliva. Hoxe en día, esta festividade sen límites posúe algunha medida de orde. Os organizadores chegaron tan lonxe que se cultiva unha variedade especial de tomates non comedeiros só para o evento anual. As festas arrancan sobre as dez da mañá cando os participantes corren para apañar un xamón pendurado no alto dun poste graxento. Os espectadores regan os que gabean con auga mentres cantan e bailan polas rúas. Cando o sino da igrexa marca o mediodía, chegan á vila camións cheos de tomates ao mesmo tempo que os cánticos de «To-ma-te, to-ma-te!» atinxen un crescendo. Logo, co disparo dun canón de auga, comeza o evento principal. Esa é a luz verde para esmagar e guindar tomates en ataques xeneralizados contra os participantes. Lanzadores de altura de tomates, asasinos a queimaroupa e tiros en arco de medio alcance. Calquera que for a túa técnica, cando remate, estarás (e sentiraste) bastante diferente. Case unha hora máis tarde, déixase que os bombardeiros empapados de tomate xoguen pola rúa nun mar de salsa esponxosa que xa pouco se semella a un tomate. Un segundo disparo de canón dá por rematada a batalla. | Entry #17155 — Discuss 0 — Variant: Not specifiednone
Voting points | 1st | 2nd | 3rd |
---|
8 | 2 x4 | 0 | 0 |
| Quen lanzou o primeiro e profético tomate que deu inicio á revolución da Tomatina? A verdade é que ninguén o sabe. Puido ter sido unha rebelión antifranquista ou un entroido que se foi das mans. Segundo a versión máis popular da historia, durante a festa dos xigantes e cabezudos de 1945 (un desfile de bonecos xigantes de papel maché), algúns paisanos querían empezar unha pelexa para chamar a atención. Foron dar cun carro de verdura que había perto e comezaron a lanzar tomates maduros. Os inocentes espectadores involucráronse até que a escena se transformou nunha melé descomunal de froita voadora. Os instigadores tiveron que pagar aos vendedores de tomate, pero iso non impediu que se repetisen as pelexas de tomates e que nacese unha nova tradición. Temerosas dunha evolución descontrolada, as autoridades adoptaron, relaxaron e despois reinstauraron unha serie de prohibicións na década de 1950. En 1951 os paisanos que desafiaron a lei foron encarcerados até que unha protesta pública clamou pola súa liberación. A insolencia máis famosa contra as prohicións do tomate tivo lugar en 1957 cando os partidarios representaron un falso funeral do tomate, con cadaleito e procesión incluídos. Despois de 1957 o goberno local decidiu adaptarse á situación, estabeleceu unhas poucas normas e admitiu a tola tradición. Aínda que os tomates son o acto central, unha semana de festexos precede o gran espectáculo final. É a celebración dos santos patróns de Buñol, a Virxe María e San Luis Bertrán, con pasarrúas, música e fogos de artificio ao alegre estilo español. Para xuntar forzas para a inminente pelexa, sérvese unha paella épica a véspera da batalla, exhibindo un icónico prato valenciano de arroz, marisco, azafrán e aceite de oliva. Hoxe en día, esta festa rachada ten algunhas medidas de orde. Os organizadores mesmo cultivan unha variedade especial de tomate pouco apreciada na gastronomía so para o evento anual. A celebración comeza sobre as 10 da mañá, cando os participantes compiten para coller un xamón atado no pico dunha corda engraxada. Os espectadores regan os escaladores con auga mentres cantan e bailan nas rúas. Cando as campás da igrexa tocan mediodía, entran na vila camións cheos de tomates, mentras os cánticos de “to-ma-te, to-ma-te” van a máis. Entón, ao disparar un canón de auga, comeza a festa. Esa é a luz verde para esmagar e tirar tomates nun ataque de todos contra todos. Lanzamentos de tomate de longa distancia, asasinos a queimarroupa e lanzamentos de gancho desde o medio campo. Sexa cal for a túa técnica, cando acabe a festa sentiraste diferente, por dentro e por fóra. Case unha hora despois, bombardeiros enchoupados en tomate quedan xogando nun esvaradío mar de salsa no que pouco queda que se pareza a un tomate. Un segundo canón sinala a fin da batalla. | Entry #21520 — Discuss 0 — Variant: Not specifiednone
Voting points | 1st | 2nd | 3rd |
---|
8 | 1 x4 | 2 x2 | 0 |
- 1 user entered 5 "dislike" tags
durante a festa dos xigantes e cabezudos | Mistranslations | Manuel Iglesias No agrees/disagrees | |
| Quen lanzou ese primeiro fatídico tomate que comezou a revolución de “La Tomatina”? A realidade é que ninguén o sabe. Quizais fose unha rebelión antifranquista, ou un entroido que se descontrolou. Segundo a versión máis popular da historia, durante o festival 1945 de” Los Gigantes” (un desfile de monicreques xigantes de papel maché), os veciños ían simular unha pelexa para chamar a atención. Atoparon un carro cheo de verduras preto deles, e comezaron a tirar tomates maduros. Algúns espectadores inocentes metéronse na refrega, ata que o asunto converteuse nunha guerra de froitas voando polo aire. Os instigadores tiveron que pagarlles os tomates aos vendedores, pero iso non impediu que se repetisen máis loitas con tomates, e deste xeito naceu unha nova tradición. Polo medo a unha escalada incontrolable, as autoridades promulgaron, fixeron a vista gorda, e logo reinstituiron unha serie de prohibicións en 1950. En 1951, os veciños que desafiaron a lei foron detidos ata que o clamor público pediu a súa liberación. A afronta mais famosa contra as prohibicións das loitas do tomate aconteceu en 1957, cando os seus defensores realizaron unha parodia de funeral do tomate mesmo con con ataúde e procesión. Despois de 1957, o goberno local decidiu seguir a corrente, e estableceu algunhas regras, e abrazou esta tola tradición. Aínda que os tomates ocupan o centro de atención, hai unha semana enteira de festividades que levan ata o enfrontamento final. É unha celebraciónen honor dos santos padroeiros de Buñol: a Virxe María e San Lois Bertrán, con desfiles na rúa, música e fogos artificiais ao alegre xeito español. Para coller forzas de cara á inminente baralla, na véspera da batalla sérvese unha paella épica, dándolle así protagonismo ao emblemático prato valenciano de arroz, peixe, azafrán e aceite de oliva. Hoxe en día, este festival irrestrito ten certo orde. Os organizadores han chegado ata o a punto de cultivar unha variedade especial de tomate de sabor desagradable, só para este evento anual. As festas comezan arredor das 10 da mañá, cando os participantes corren para coller un xamón colocado enriba dun poste untado con sebo. Os espectadores reparten auga a mangeirazos, mentres cantan e bailan nas rúas. Cando a campá da igrexa bate o mediodía, os camións cheos de tomates chegan á cidade, mentres berros de "To-ma-te, to-ma-te!" chegan a un ‘crescendo’. Entón, co disparo dun canón de auga, o evento principal comeza. É a luz verde para que os participantes empecen a lanzar e esmagar tomates nunha loita de todos contra todos. Lanzadores de tomates de longa distancia tomate, asasinos de punto en branco, e repartidores de ganchos de medio alcance. Sexa cal sexa a túa técnica, no momento en que todo remata, vas parecer (e sentirte) ben distinto. Case unha hora despois, os bombardeiros enchoupados de tomate quedan para xogar na rúa, nun mar de salsa desfeita no que non queda nada que semelle un tomate. Un segundo tiro de canón sinala o final da batalla. | Entry #20479 — Discuss 0 — Variant: Not specifiednone
Voting points | 1st | 2nd | 3rd |
---|
4 | 1 x4 | 0 | 0 |
- 1 user entered 4 "dislike" tags
“La Tomatina” | Other The inverted commas are not necessary. | Manuel Iglesias No agrees/disagrees | |
| Quen tirou o primeiro tomate que principiou a revolución da Tomatina? O certo é que ninguén o sabe. Puido tratarse dunha sublevación antifranquista ou dunha festa que se fora das mans, pois segundo a versión máis estendida da historia, a orixe áchase no desfile de xigantes e cabezudos do ano 1945. Aquel día uns veciños que querían chamar a atención comezaron unha liorta e o destino quixo que houbera un carro de hortalizas por alí e deran en lanzarse tomates maduros. Os curiosos fóronse sumando até que aquilo se converteu nunha lea monumental de froitos voantes. Os instigadores tiveron que pagarlles aos comerciantes polos tomates, pero iso non evitou que se produciran máis pelexas deste estilo, nin que nacera una nova tradición. Temorosos de que a revolta fora a máis, nos anos cincuenta as autoridades estableceron una serie de prohibicións, que logo relaxaron e volveron a instaurar. En 1951 os veciños que incumpriron a lei foron encarcerados até que os buñolenses protestaron publicamente pedindo a súa liberación. O atrevemento máis famoso contra a prohibición tivo lugar en 1957, cando se lle fixo moca celebrando o funeral dun tomate en toda regra, cadaleito e cortexo fúnebre incluídos. Ese ano o goberno local deuse por vencido, promulgou algunhas normas e aceptou esta estraña tradición. Se ben os tomates son os protagonistas indiscutibles, o enfrontamento vén precedido por unha semana de festas en honor dos santos patróns de Buñol, a Virxe María e Luís Bertrán, con desfiles, música e fogos de artificio no xeito típico español. Para coller forzas antes da inminente loita, na véspera da batalla os guerreiros gozan dunha paella tradicional valenciana. Hoxe libre de trabas, nesta festividade aínda hai algo de orde. Os organizadores incluso cultivan una variedade de tomates intragables especialmente para esta celebración anual. A festa comeza sobre as 10 da mañá cunha competición para alcanzar un xamón colocado na punta dun pau engraxado. Entrementres o público rega con auga aos participantes que cantan en bailan nas rúas e, finalmente, cando a campá da igrexa marca as 12 do mediodía, os camións cheos de tomates entran na vila acompañados por un coro de voces que gritan “To-ma-te, to-ma-te!” con cada vez máis forza. Entón un disparo sinala o comezo do evento principal, dando luz verde para esmagar e guindar tomates arreo contra os demais participantes. Lanzamentos de tomates a larga distancia, ataques directos ou tiros de medio alcance; sexa cal sexa a túa técnica, cando todo remate terás un aspecto e unha sensación bastante diferente. Unha hora máis tarde os combatentes enchoupados en tomate poden xogar nun mar de salsa no que non queda ningún froito enteiro. Daquela un segundo disparo indica a fin da batalla. | Entry #18941 — Discuss 0 — Variant: Not specifiednone
Voting points | 1st | 2nd | 3rd |
---|
3 | 0 | 1 x2 | 1 x1 |
- 1 user entered 4 "dislike" tags
desfile de xigantes e cabezudos | Mistranslations | Manuel Iglesias No agrees/disagrees | |
na véspera da batalla os guerreiros gozan dunha paella tradicional valenciana. | Mistranslations | Manuel Iglesias No agrees/disagrees | |
| Quen lanzou ese primeiro tomate fatídico que comezou a revolución La Tomatina? A realidade é que ninguén sabe. Talvez fose unha rebelión anti-Franco, ou un entroido que quedou fóra de control. Segundo a versión máis popular da historia, durante o festival 1945 de Los Xigantes (un desfile de monicreques de papel maché xigante), os veciños estaban mirando para encenar unha loita para conseguir un pouco de atención. Eles pasou encima dun carro vexetal preto e comezou a tirar tomates maduros. Espectadores inocentes ten implicado ata que a escena se converteu nunha pelexa enorme de voar froitas. Os instigadores tivo que pagar os provedores de tomate, pero iso non impediu que a recorrencia de máis loitas de tomate-e do nacemento dunha nova tradición. Medo dunha escalada imparable, as autoridades promulgada, relaxado, e logo reintegrado unha serie de prohibicións en 1950. En 1951, os veciños que desafiaron a lei foron detidos ata que o clamor público pediu a súa liberación. O descaro máis famoso para as prohibicións de tomate aconteceu en 1957, cando os defensores realizaron un funeral tomate simulado completo, con un caixón e procesión. Despois de 1957, o goberno local decidiu rodar cos perforados, establecer algunhas regras no lugar, e abrazou a tradición tolo. Aínda que os tomates no centro de atención, unha semana de festividades levan ata o enfrontamento final. É unha celebración dos santos padroeiros de Buñol, a Virxe María e Louis Bertrand, con desfiles de rúa, música e fogos de artificio na alegre moda española. Para construír a súa forza para a pelexa inminente, unha paella épico é servido na véspera da batalla, mostrando un prato emblemático valenciana de arroz, peixe, azafrán e aceite de oliva. Hoxe, este festival irrestrito ten algunha medida de orde. Os organizadores han ir tan lonxe a punto de cultivar unha variedade especial de tomate desagradables só para o evento anual. Festas comezar ao redor das 10h, cando os participantes corren para coller un xamón fixo enriba dun pau de sebo. Espectadores mangueira os mesturar de auga, mentres cantando e bailando nas rúas. Cando a campá da igrexa bate o mediodía, os camións cheos de tomates rodar na cidade, mentres berros de "Para-ma-che, to-ma-te!" chegar a un crecendo. Entón, co disparo dun canón de auga, o evento principal comeza. Esa é a luz verde para machaqueo e lanzar tomates en ataques total contra compañeiros participantes. Lobbers longa distancia tomate, asasinos de punto en branco, e os tiros de gancho medio alcance. Sexa cal sexa a súa técnica, no momento en que acaba, vai ollar (e sentir) ben distinta. Case unha hora despois, bombardeiros encharcada de tomate son deixados para xogar nun mar de salsa rúa brando con pouco á esquerda se asemella a un tomate para ser atopado. Un segundo tiro de canón sinala o final da batalla. | Entry #17809 — Discuss 0 — Variant: Not specifiednone
Voting points | 1st | 2nd | 3rd |
---|
0 | 0 | 0 | 0 |
- 2 users entered 15 "dislike" tags
- 2 users agreed with "dislikes" (4 total agrees)
- 1 user disagreed with "dislikes" (2 total disagrees)
+1 Eles pasou encima dun carro vexetal preto e comezou | Mistranslations | Manuel Iglesias | |
Espectadores mangueira os mesturar de auga, mentres cantando e bailando nas rúas. | Mistranslations | Manuel Iglesias No agrees/disagrees | |
| Quen tirou ese primeiro tomate transcendental que empezou a revolución da Tomatina? A verdade é que non se sabe. Quizais foi unha rebelión anti-Franco, ou se cadra unha procesión que foiselles das máns. Segundo a versión máis popular da historia, durante o festival de Os Xigantes, un desfile de xigantes feitos de papel maché, do ano 1945, os paisanos buscaban montar unha liorta para chamar a atención. Preto de alí, topáronse con unha carreta de verduras e puxéronse a guindar tomates maduros. Uns testemuños inocentes comenzaron a participar ata que intensificouse e chegou a ser unha melé de froita voadora. Os investigadores tiveron que recompensar ós vendedores de tomates, pero aquilo non puxo fin ás batallas de tomates e ao nacemento dunha nova tradición. Con medo a unha intensificación revoltosa, as autoridades promulgaron, relaxaron e logo reestableceron unha serie de prohibicións nos anos 50. En 1951, encarcerábase á xente que desafiaba a lei ata que o pobo esixía a súa libertade. O descaro á prohibición dos tomates máis famoso ocorreu en 1957 cando os partidarios tiveron un funeral de broma dos tomates, mesmo con un ataúde e unha procesión. Despois de 1957, o goberno local acordou coller o touro polos cornos, establecer algunhas regras e adoptar a tola tradición. Aínda que os tomates con as estrelas do festivo, hai unha semana de festas que precede o espectáculo final. É unha celebración dos patróns de Buñol, a Virxe e San Luis Bertrán, e hai desfiles, música e fogos artificiais. Para collerse forzas para a pelexa inminente, hai unha paella enorme que sirvese na véspera da batalla, a cal presenta un prato típico valenciano de arroz, marisco, azafrán e aceite de oliva. Hoxe en día, este festivo sen grillóns ten algo de orde. Os organizadores chegaron incluso a cultivar unha variedade especial incomible de tomate só para este evento anual. As festas arrincan a partires das 10:00 cando os participantes fan carreira para coller un xamón situado no cumio dunha vara engrasada. Os espectadores mollan á xente con unha mangueira namentres cantan e bailan polas rúas. Cando as campás da igrexa soan as doce de mediodía, chegan uns camións cheos de tomates mentres os berros de “To-ma-te, to-ma-te!” acadan un punto culminante. Nese intre, cando dispárase un canón de auga, escomeza o momento máis importante. É a luz verde para que todos chimpen e machiquen tomates por todo-los lados en unha loita sen piedade. Lanzador de altura, asasino a queimarroupa e tiros de medio rango: sexa o que sexa a túa técnica, cando remate todo terás un aspecto distinto e sentiráste distinto tamén. Pasada apenas unha hora, os tiradores, mollados en tomate, quédanse a xogar en un mar de salsa de tomate. Pouco pódese encontrar do que antes asemellábase un tomate. Un segundo canón sinala o final da batalla. | Entry #21136 — Discuss 0 — Variant: Not specifiednone
Voting points | 1st | 2nd | 3rd |
---|
0 | 0 | 0 | 0 |
- 1 user entered 10 "dislike" tags
| | | | | X Sign in to your ProZ.com account... | | | | | | ProZ.com translation contestsProZ.com translation contests offer a fun way to take a break from your normal routine while testing and honing your skills with fellow translators.
ProZ.com Translation Contests. Patent pending. |